Inda agardo por ti. Poderan pasar meses, anos e séculos, pero sempre agardarei por ti. Non me importa o tarde que chegues, mentres chegues. Non son das que miden o tempo, nunca o fun, e nunca o serei. Sigote agardando, sentada na butaca da cociña, mirando o reloxo, impaciente pola túa chegada. Soño co día que chegues, as veces, pensó que estas aquí, que por fin chegaches, pero só e un espexismo, un espexismo creado pola miña imaxinación, que te acarda impaciente. Ao mellor, si son das que miden o tempo, ao mellor non. Sei que levo moito tempo, sentada, esperándote, pero nunca das chegado. Porque non chegas? Acaso perdecheste? Quero irte buscar, pero ao mellor chegas cando eu este fóra, buscándote. O reloxo, só miro o reloxo, sintindo as horas pasar. Dúas, tres, catro, cantas horas levo aquí sentada?
Fixome no reloxo, tenme algo estrano, pero non dou sabido que. Entón, doume de conta, no reloxo non pasan as horas, as agullas están quedas. Non! Non están quedas, as agullas do reloxo, non están. Onde están? Quen as sacou? Porque levo horas mirando o reloxo e non me din de conta? Acaso o tempo estame gastando una broma? Xa me fartin de mirar ao reloxo sen agullas, sentindo o tempo pasar, non o soporto mais! Pero, non podo deixar de miralo, non podo levantarme, levo tanto tempo na butaca que xa non sei moverme, xa non sei nada, como me chamo? Cantos anos teño? Estou asustada, ou debería dicir asustado? Como puiden acabar así? Mirando o tempo pasar, sen poder facer nada, como fixen para acabar así? Agardando, por ti, que nunca viras
jueves, 16 de abril de 2015
Eternidade (Relato en gallego)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario